Pagos del Galir, Godello

No ano 2007 iniciamos a  elaboración deste viño branco de variedade Godello.

Seguindo a nosa tradición, é un  viño de calidade, con personalidad propia e alta expresión, froito dunha  rigorosa selección de uvas de viñedos vellos, que sen lugar a dúbidas, fascinarán  ao consumidor.

A unión do esmero nas tarefas  de viticultura e a implantación de novas técnicas na elaboración, como a  maceración da uva en frío ou a crianza sobre o seus pousos, confiren a este viño  un carácter especial e diferenciador.

De cor amarela dourado con escintileos verdosos. Bágoa media. Moi varietal no nariz, con frescor floral,  notas de froita branca e un cativo toque de pasas e lima. Moi denso, longo e  fresco na boca; onde volven a retornar a frutalidade e as notas florais,  con gran consistencia que lle aporta a crianza sobre o seu pouso.

FICHA  TÉCNICA

DATOS BÁSICOS

INFORMACIÓN TÉCNICA

INFORMACIÓN DE ENVASADO