Os Nosos Viños

Elaboramos seis tipos de viño baixo tres marcas diferentes.

A marca PAGOS DO GALIR, a máis recoñecida, é da que maior produción elabórase e consta de dous tipos de viños tintos de variedade Mencía con crianza en carballo: "PAGOS DO GALIR, Carballo" e "PAGOS DO GALIR, Selección Rosa Rivero, Crianza". Este último é o primeiro e único viño de crianza amparado por unha Denominación de Orixe Galega.

No ano 2007 decidimos aventurarnos no mundo dos viños brancos, obtendo excelentes resultados con "PAGOS DE GALIR, Leas" e "G DE GALIR, Barrica". Son viños de variedade Godello 100%.

Desde 2008 elaboramos tamén dous tipos de viños novos que se comercializan con márca VÍA NOVA cos mesmos procesos de selección e calidade que no resto das nosas marcas. Son un viño branco variedade Godello e un tinto de variedade Mencía.