Virxe de Galir - Vinos Mencia - Godello

No Noroeste de España, na provincia de Ourense (Galicia), no seu límite con Léon e a comarca do Bierzo, atópase a Denominación de Orixe de Valdeorras.

A adega VIRXE DE GALIR e os seus viñedos atópanse na parte máis oriental, no val do río Galir, na súa confluencia co río Sil na parroquia de Éntoma.

O cultivo da vide chega desde o paso dos románs pola península a través dos nosos antergos, que se adentraban pola Vía Nova, sendo numerosos os vestixios que aqueles deixaran nestas terras.